Búsqueda de Editorial : XERAIS

471 resultados

  • FORMIG4S. MISIÓN NOVA YORK
    TOBARUELA, PERE
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. ?Misión Nova York? leva os FORMIG4S deica esta populosa urbe dos Estados Unidos. O caso empeza en Liberty Island. A inquilina habitual desta pequena illa da Cidade dos Rañaceos, a famosa e...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • DENDE O CONFLITO
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    CONSULTAR

    8,49 €

  • PEGADAS 5. LINGUA. EDUCACIÓN PRIMARIA. LIBRO PARA EDI
    LASTRA MURUAIS, XOSÉ / GONZÁLEZ MONTAÑÉS, ÓSCAR / PERNAS PERNAS, MARGA / RODILES LAMAS, ROSANA
    CONSULTAR

    19,95 €

  • INMIGRACIÓN/EMIGRACIÓN NA LIX
    RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN " LIJMI "
    Os membros da Red Temática de Investigación ?Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano? (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores, reúnen neste volume unha completa serie de traballos baixo o título Inmigración/Emigración na LIX. O volume recolle diferentes achegamentos a un corpus de obras centradas nos fluxos migratorios que sen dúbida s...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    23,95 €

  • ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
    COSTAS, LEDICIA
    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    12,95 €

  • 55
    QUEIPO, XAVIER
    Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta. Xavier Queipo experimenta desde que comezou a sú...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    23,95 €

  • CONTOS DO MAR DE IRLANDA
    SOUTO, XURXO
    «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todo...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    22,95 €

  • MARCOPOLA 3. DRAGONETA!
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós? ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • A ILLA MISTERIOSA
    VERNE, JULES
    En A illa misteriosa Jules Verne aborda o tema da illa como espazo da aventura por excelencia, tan presente no seu universo literario, e afonda no diálogo que o ser humano illado mantén coa natureza. Durante a guerra civil americana, cinco homes conseguen fuxir do asedio de Richmond nun globo aerostático que acabará por se estrelar nunha illa deserta do Pacífico sur. Os cinco c...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    17,95 €

  • KID SALVAXE
    REIGOSA, CARLOS G.
    Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía ?velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: «Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo»? que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como «un poeta jazzista que sopra un long...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • OS TELEVISORES ESTRÁBICOS
    VILAR LANDEIRA, RAMÓN
    Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico; sabemos que as mantas eléctricas espantan a friaxe dos pés, per...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?
    ANEIROS, ROSA
    «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    14,90 €

  • CHOVIDA DO CEO
    CONDE, ALFREDO
    Unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemuña, o corpo caera dende o alto da igrexa. O estraño caso será investigado polo escéptico comisario Salorio, que arrastra unha vida privada abondo complicada. Nunha cidade de forte carácter histórico e dirixida polas institucións que, no fondo, lle dan vida, Salorio verase o...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    22,95 €

  • O PEQUENO MAGO + DVD
    CAMESELLE, ROQUE
    Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como O Pequeno Mago. Xunto coa súa insepa...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,50 €

  • SILENCIO
    ALONSO, FRAN
    Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • LINGUA E LITERATURA. PROBAS DE SELECTIVIDADE 2014
    MOSTEIRO GARCÍA, MANUEL ANTÓN
    Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2014 é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2014. Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas...
    Pendiente de confirmar

    12,00 €

  • A VIAXE DE GAGARIN
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,95 €

  • PEDRO PETOUTO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas -aínda non morrera Franco- estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante. O autor do libro, o profesor Xesús Alonso Mont...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    11,95 €

  • SOÑOS DE MAR
    RIVADULLA CORCÓN, X. H.
    Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da Muxía do século XII: Martiño da Grixa. A Lola gustaríalle saber se o...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    11,95 €

  • VOLVO! O REGRESO DE USHA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    11,95 €

  • O FÍO VERMELLO
    ALFAYA, AN
    A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon n...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    11,95 €

  • AS REDES DE INÉS
    RIVEIRO TOBÍO, ELVIRA
    Inés está no peirao / dende o amencer, / ata que te ata / o verde cordel. E eu sei que ela sabe, / ela sabe que eu sei... / ...que nunca se enlean / as redes de Inés. ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    12,50 €

  • CONTRA A MORTE DAS LINGUAS
    MOREIRA BARBEITO, MIGUEL
    Baixo o provocativo título Contra a morte das linguas. O caso do galego preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no nivel local. Este ensaio supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego dun modelo m...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    25,95 €

  • ÁMOTE LEO A. ESTACIÓN DE TRÁNSITO
    ANEIROS, ROSA
    Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    14,90 €

  • PENÚLTIMAS TENDENCIAS
    NEGRO, CARLOS
    Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai se...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • RECINTO GRIS
    COSTAS, LEDICIA
    Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes,...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • CONCIENCIA POLÍTICA E LITERATURA GALEGA EN MADRID
    ACUÑA, ANA
    Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos ci...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    28,50 €

  • O POLBO E A SÚA COCIÑA
    FELPETO LAGOA, MATILDE
    Este libro é unha viaxe pola xeografía, historia, literatura e gastronomía do polbo. Logo dunha breve visita a estas disciplinas, a autora describe 67 receitas para cociñar o cefalópodo. A maioría proceden dunha cociña familiar atlántico-mediterránea. Hai algunha incursión noutras cociñas, como a oriental, e nunha cociña que poderiamos denominar moderna ou actual. En calquera c...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    14,50 €

  • OS SANTOS NUNCA DORMEN
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,95 €

  • AS VIAXES DE RUKI
    CARIDE, RAMÓN
    Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ou a Comellona do planeta Toupamil... ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    11,50 €