Búsqueda de Editorial : GALAXIA

575 resultados

  • CUESTIÓNS VITAIS SECRETAS
    GARCÍA CAMPOS, IVÁN
    Os relatos de Iván García Campos introdúcense no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Coa precisión dun ebanista, o autor ensambla emocións, xestos e desexos; pescuda nos feitos, observa o comportamento, narra os pormenores para debuxar o contorno do ...
    CONSULTAR

    6,45 €

  • DEBUXOS NO MURO
    RUÁ, AURORA
    Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos días do verán co seu pai no hospital onde traballa. É unha especie de castigo para que así poida preparar o exame dunha asignatura suspensa. Durante a súa reclusión forzosa, descobre uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha cova. Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz da súa idade, que viviu, seten...
    CONSULTAR

    4,30 €

  • ESCOLA DE MENCIÑEIROS
    CUNQUEIRO MORA, ÁLVARO
    Libro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de grata inquedanza, afirma Domingo García-Sabell no limiar. Coma un espello que agacha algo nunca descuberto. A xente de Cunqueiro é a xente de nós, ferida polo mundo, do que cómpre sandar. ...
    CONSULTAR

    4,82 €

  • ESPANTALLO AMIGO
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e...
    CONSULTAR

    3,78 €

  • FÁBULA
    ALCALÁ NAVARRO, XAVIER
    Un importante período da historia galega máis recente, visto con ironía e sarcasmo. Os conflitos políticos e os dramas persoais e humanos dun amplo grupo de persoas que ben puidesen representar a todos os galegos de hoxe. Unha novela situada na Galicia contemporánea, quizais a obra máis madurecida de Xavier Alcalá. ...
    CONSULTAR

    7,30 €

  • FONTÁN
    CALVEIRO, MARCOS
    Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrad...
    CONSULTAR

    7,30 €

  • INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre...
    CONSULTAR

    5,80 €

  • KE-TUMBA KE-TAMBA
    QUINTIÁ, XERARDO
    Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro. ...
    CONSULTAR

    5,11 €

  • MÁSCARAS ROTAS PARA SEBATIAN NELL
    RAMOS, ALBERTO
    Editorial Galaxia publica Máscaras rotas para Sebastian Nell, novela coa que Alberto Ramos obtivo o Premio García Barros do ano 2014. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela que combina distintos tipos de escritura nos que a materia narrativa se une co xénero da entrevista. E...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • MATERNOSOFÍA
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. Cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen le, o texto flúe ameno, enxeñoso, burlón. Non se trata de exaltar a maternidade senón de exalt...
    CONSULTAR

    6,88 €

  • MENÚ DE ENGANOS
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor. Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta. ...
    CONSULTAR

    5,08 €

  • O PAN DA TARDE
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma se recuperase un espazo no que de repente se volve orientar. O pan da tarde é a celebración dese reencontro. Xavier Rodríguez Baixeras deténse a mirar o que existe en perpetua mutación. Desde un tempo precario, con fervor, busca o fondo no que se depositan as palabras, o pouso que a vida non sabe devolver. A...
    CONSULTAR

    4,74 €

  • O SABRE DO FRANCÉS
    FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO
    Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras e fantástica. Cunha imaxe de cuberta realizada especialmente para esta edición polo pintor Saúl Otero. Nestes relatos con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran, en intensas peripecias, a dramática loita dos galegos contra as tro...
    CONSULTAR

    6,88 €

  • OLA, ESTÚPIDO MONSTRO PELUDO!
    CASALDERREY, FINA
    Se se empeñase en comer cangrexos en salsa de chocolate branco e, pola mínima, comezase a expulsar sapos repugnantes pola boca... E se ti, que tes poderes para velo todo, estiveses aínda dentro da tripa de túa nai... que farías? Muriel cóntanos aquí a súa terrible experiencia. ...
    CONSULTAR

    3,95 €

  • OS ELEFANTES DE SOKÚROV
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposici...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • OS INOCENTES
    MARÍA DO CEBREIRO
    O discurso lírico moderno abriu por primeira vez na historia da poesía a posibilidade de que calquera poida enunciar o seu dicir baixo o impulso da liberdade subxectiva. Os inocentes nomean un desexo imposible: regresar ao intre fundacional da lírica, a ese momento histórico no que a poesía chegou a ser definida como emoción evocada no acougo e a imaxianación foi pensada como a...
    CONSULTAR

    4,30 €

  • OS DOUS DE SEMPRE
    CASTELAO
    Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. É a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde...
    CONSULTAR

    6,03 €

  • OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE
    CASTELAO
    Preparada por Manuel Rosales, Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de ...
    CONSULTAR

    5,80 €

  • REO
    FRAGA, XESÚS
    Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argum...
    CONSULTAR

    5,16 €

  • SALADINA
    QUEIPO, XAVIER
    É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios e os rufiáns das tabernas, para que engaiolen as nenas en amores de príncipes encantados, e fagan soñar os rapaces aventureiros co que nunca viron... nin verán". ...
    CONSULTAR

    3,95 €

  • SI O VELLO SINBAD VOLVESE ÁS ILLAS
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    A materia de Si o vello Sinbad volvese ás illas son as memorias do mítico mariño contadas por Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí. O pasado convive co presente, no que Sinbad fai tertulia con viaxeiros de todo o mundo e soña con volver ao mar pilotando a nao Venadita. ...
    CONSULTAR

    5,29 €

  • TEMPOS CHEGADOS?
    BERAMENDI, JUSTO / EVANS, JOÁM / PORTERO, JOSÉ ANTONIO / VENCE, XAVIER
    Libro colectivo e plurilingüe, Tempos chegados? está formado por catro ensaios sobre a forma de organización política dunha sociedade, a galega, tanto no momento actual coma no futuro. No epílogo, Arturo de Nieves e Carlos Taibo, editores do libro, describen os seus obxectivos deste xeito: «A nossa intenção, porém, é contribuir para o que consideramos deveria ser uma escolha ma...
    CONSULTAR

    6,19 €

  • TES ATA AS 10
    CASTRO, FRANCISCO
    Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendente...
    CONSULTAR

    5,84 €

  • VENTO DE SAL
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
    Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros. ...
    CONSULTAR

    4,94 €

  • VIC E BOMBONA
    BARREIRO, SARA
    Ou non. Porque en realidade está a piques de iniciar unha incrible aventura que, xunto á súa cadeliña, o vai levar a unha viaxe ao pasado e a descubrir os segredos agochados dunha vila enteira. Intriga, misterio e aventuras por riba e debaixo da terra na primeira novela de Sara Barreiro. ...
    CONSULTAR

    5,38 €

  • XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    Un dos xéneros literarios que Álvaro Cunqueiro cultivou con gran mestría e acerto foi o retrato. Personaxes con vida propia coma o picapreitos Somoza de leiva, que tiña un can que só lle ladraba á parte contraria, ou Leiras de Parada, que adormecía os capóns léndolles artigos de prensa. Xente nosa, verdadeira, recreada con maxistral dominio da arte literaria. ...
    CONSULTAR

    6,75 €

  • XOGUETES DO TEMPO
    FRANCO GRANDE, X.L.
    Como sinalou a crítica, case toda a obra de Franco Grande ten un tema central: a vivencia do propio eu, en distintos estadios de desleixamento do mundo. Nese senso, o seu texto poético é unha mística da soidade. Como os místicos, escolma unha falsa simple e recorre ao símbolo e mais á exclamación para comunicar vivencia inefables. Pero sen esquecer a vivencia da paisaxe e da sú...
    CONSULTAR

    5,89 €

  • XENTE AO LONXE
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    Unha novela na que o autor recrea situacións que reflicten os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia de finais do século XIX. A aparición desta novela (1972), ambiciosa obra de madurez, coroaba a traxectoria dun dos máis grandes narradores do noso tempo. Froito dun excepcional alento anovador, Xente ao lonxe ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiament...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • ZERALDA E O DRAGÓN
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN / JARABA BARÁ, FRAN
    Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o príncipe Xabrín, e consegue e...
    CONSULTAR

    3,39 €

  • TEATRO DE GUIÑOL
    PIRILAMPO
    desta volta, abeirado aos poemas retranqueiros e festivos de Manuel María. Unha combinación que é garantía de moitas horas de diversión. ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,00 €