Búsqueda de Editorial : GALAXIA

591 Results

  • DE CAMIÑOS, VIAXEIROS E CAMIÑANTES
    LAMAS, SANTIAGO / MATO, ALFONSO
    E xullo de 1927, Vicente Risco, Ramón Otero pedrayo e Ben-Cho-Shey camiñaron dende Ourense a Santo André de Teixido, no cabo do mundo. En De camiños, viaxeiros e camiñantes, Santiago Lamas e Alfonso Mato desenvolven unha reflexión suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, g...
    Available (billing in 24 / 48h)

    22,95 €

  • RAIOLAS DE SOL
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Todos e cada un dos relatos deste novo libro de Antonio García Teijeiro son coma esas raiolas: alumean vidas, historias, ofrecen pinceladas luminosas sobre parcelas da realidade que nin imaxinabamos. Unha mestura de personaxes inesquecibles. Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Una ...
    Available (billing in 24 / 48h)

    12,60 €

  • EN DEFENSA E ILUSTRACIÓN DE LA SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA EN LOS AÑOS DE LA GUER
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    Gallego de nación, los capítulos centrales de la biografía de Eduardo Blanco Amor tracurrieron en Argentina, donde vivió de forma casi ininterrumpida durante más de cuarenta años y construyó practicamente la totalidad de su obra literaria ...
    Available (billing in 24 / 48h)

    26,40 €

  • A GARZA INSOMNE
    Nove obras literarias que, como un presente, chegan a nós tan diversas como cativadoras. No seu interior discorren paixóns e gozos dignos de ser descubertos: a brutalidade da guerra, a vaidade intelectual, o peso da culpa, a frustración amorosa, as profesións máis sanguinarias, a vinganza, a felicidade imposible, estraños crimes, difíciles decisións, o verdadeiro e o falso coñe...
    Check on availability

    18,20 €

  • A DIAGONAL DOS TOLOS
    LOPO, SANTIAGO
    Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterior da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola dende a primeira páxina grazas a unha narrac...
    Check on availability

    7,30 €

  • A BONECA DE BLANCO AMOR
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao pazo dos Andrada, onde vai xogar un decisivo papel na obsesión sexual dun dos personaxes de A esmorga e, talvez, no seu dramático final. A obra mestra de Blanco Amor señorea toda a novela de María Xosé Queizán, estendéndose de forma analéptica até a inaugural viaxe de Magalhães...
    Check on availability

    6,03 €

  • A FORMA DAS NUBES
    LÓPEZ SÁNDEZ, MARÍA
    Narrada en primeira persoa, cunha voz que conxuga o presente e o pasado da protagonista, A forma das nubes é unha pescuda na infancia como xeito de comprender o amor e fuxir do desamparo no que nos deita a vida. A fotografía, o cinema, a moda e a beleza configuran o pano de fondo desta narración que López Sández escancia cun ritmo intenso, constante; ritmo narrativo ao que se s...
    Check on availability

    5,16 €

  • A LÚA DA COLLEITA
    SUMAI, ANXOS
    Agosto de 1992. Unha decisión precipitada, case inconsciente, leva a protagonista da novela a pasar as vacacións nun apartamento nunha praia da ría de Arousa. Necesita descansar pero, ademáis do descanso buscado, atoparase con sombras e con estrañas revelacións que a farán dubidar de si mesma. A súa especial percepción do tempo e do espazo, a súa forma de sentir, que ás veces é...
    Check on availability

    7,74 €

  • A TRABE DE OURO E OUTROS CONTOS
    RISCO, VICENTE
    Baseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos comportamentos, roles e obsesións da sociedade de hoxe. Este libro inclúe algúns dos...
    Check on availability

    4,86 €

  • ACORDES NÁUFRAGOS
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Libro de retatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tratos dunha...
    Check on availability

    5,80 €

  • ALÉN DA DESVENTURA
    ALCALÁ, XAVIER
    Premio de Novela Blanco Amor 1998. O libro que gañou o Premio Blanco Amor de 1998 presenta intrigas e aventuras na época da Ilustración, persoas e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais, debates aínda hoxe non resoltos. Sen dúbida, unha gran novela e unha peza máis na recuperación da memoria colectiva. Alén da desventura está o pracer da lectura dun...
    Check on availability

    7,74 €

  • AOS REIS MAGOS NON LLES GUSTAN OS CARAMELOS DE MENTA
    FREIRE, ISABEL
    Baltasar queda durmido no sofá da casa de Nela e non hai quen o esperte. Corre perigo a noite dos Reis Magos?. Nela vai aprender a responsabilizarse dos seus actos nesta historia chea de humor e complicidade entre unha nena de oito anos e as Súas Maxestades, os Magos de Oriente. ...
    Check on availability

    3,61 €

  • BÍCAME, FRANK
    FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO
    Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa... Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca característica. Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sob...
    Check on availability

    7,74 €

  • CANLE SEGREDO
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires en 1954. A tensión emocional do poemario de Xosé María Álvarez Blázquez abala, en suxestiva figura de contrastes, entre a afirmación do equilibrio e a creba dolorida e grave. A carón da promesa e engaiolamento do amor, a vivencia da plenitude en tempos de infancia e a dor pola perda do estado paradisíaco, flúe tamén a carra...
    Check on availability

    4,30 €

  • CARNE DE LEVIATÁN
    PATO, CHUS
    Trátase dunha poética que, por ausentarse totalmente dos obxectos, da expresión e da significación, intenta dar conta dos corpos, do mundo, dun eu e do seu pensamento. Así e todo, a identidade esfarélase fronte á idea enorme do tempo: algo lingüístico que quita o alento... Pois o significado en ningún idioma, podería dicir a conmoción do corpo. Só a estrañeza articula a fala na...
    Check on availability

    5,89 €

  • CONTOS DA NÉBOA
    FOLE, ÁNXEL
    Nos contos de Ánxel Fole conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor manexa maxistralmente a fala coloquial, conservando todo o seu sentido do humor e engadindo pingadelas de misterio que manteñen o interese da lectura ata o remate. Este libro publicado por primeira vez en 1973 presenta como novidade o escenario no que se desenvolven ...
    Check on availability

    5,54 €

  • CUESTIÓNS VITAIS SECRETAS
    GARCÍA CAMPOS, IVÁN
    Os relatos de Iván García Campos introdúcense no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Coa precisión dun ebanista, o autor ensambla emocións, xestos e desexos; pescuda nos feitos, observa o comportamento, narra os pormenores para debuxar o contorno do ...
    Check on availability

    6,45 €

  • DEBUXOS NO MURO
    RUÁ, AURORA
    Pablo é un mozo de 15 anos que pasa os últimos días do verán co seu pai no hospital onde traballa. É unha especie de castigo para que así poida preparar o exame dunha asignatura suspensa. Durante a súa reclusión forzosa, descobre uns debuxos sorprendentes pintados nas paredes dunha cova. Así, a través dos debuxos nun muro, coñecerá a Pep, un rapaz da súa idade, que viviu, seten...
    Check on availability

    4,30 €

  • ESCOLA DE MENCIÑEIROS
    CUNQUEIRO MORA, ÁLVARO
    Libro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de grata inquedanza, afirma Domingo García-Sabell no limiar. Coma un espello que agacha algo nunca descuberto. A xente de Cunqueiro é a xente de nós, ferida polo mundo, do que cómpre sandar. ...
    Check on availability

    4,82 €

  • ESPANTALLO AMIGO
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e...
    Check on availability

    3,78 €

  • FÁBULA
    ALCALÁ NAVARRO, XAVIER
    Un importante período da historia galega máis recente, visto con ironía e sarcasmo. Os conflitos políticos e os dramas persoais e humanos dun amplo grupo de persoas que ben puidesen representar a todos os galegos de hoxe. Unha novela situada na Galicia contemporánea, quizais a obra máis madurecida de Xavier Alcalá. ...
    Check on availability

    7,30 €

  • FONTÁN
    CALVEIRO, MARCOS
    Esta novela conta a vida de Domingo Fontán. Desde o seu nacemento en Porta do Conde (Portas 1788) aos seus días finais no balneario de Cuntis (1866). A vida do neno que xogaba nun fragueiro a carón da casa dos pais, a do deputado en Cortes e a do estudante en Compostela, o do liberal represaliado e a do científico atento ás ideas máis adiantadas do seu tempo. A vida do ilustrad...
    Check on availability

    7,30 €

  • INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre...
    Check on availability

    5,80 €

  • KE-TUMBA KE-TAMBA
    QUINTIÁ, XERARDO
    Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro. ...
    Check on availability

    5,11 €

  • MÁSCARAS ROTAS PARA SEBATIAN NELL
    RAMOS, ALBERTO
    Editorial Galaxia publica Máscaras rotas para Sebastian Nell, novela coa que Alberto Ramos obtivo o Premio García Barros do ano 2014. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela que combina distintos tipos de escritura nos que a materia narrativa se une co xénero da entrevista. E...
    Check on availability

    7,74 €

  • MATERNOSOFÍA
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. Cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen le, o texto flúe ameno, enxeñoso, burlón. Non se trata de exaltar a maternidade senón de exalt...
    Check on availability

    6,88 €

  • MENÚ DE ENGANOS
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor. Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú completísimo. Dieta de palabras absolutamente perfecta. ...
    Check on availability

    5,08 €

  • O PAN DA TARDE
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma se recuperase un espazo no que de repente se volve orientar. O pan da tarde é a celebración dese reencontro. Xavier Rodríguez Baixeras deténse a mirar o que existe en perpetua mutación. Desde un tempo precario, con fervor, busca o fondo no que se depositan as palabras, o pouso que a vida non sabe devolver. A...
    Check on availability

    4,74 €

  • O SABRE DO FRANCÉS
    FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO
    Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras e fantástica. Cunha imaxe de cuberta realizada especialmente para esta edición polo pintor Saúl Otero. Nestes relatos con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran, en intensas peripecias, a dramática loita dos galegos contra as tro...
    Check on availability

    6,88 €

  • OLA, ESTÚPIDO MONSTRO PELUDO!
    CASALDERREY, FINA
    Se se empeñase en comer cangrexos en salsa de chocolate branco e, pola mínima, comezase a expulsar sapos repugnantes pola boca... E se ti, que tes poderes para velo todo, estiveses aínda dentro da tripa de túa nai... que farías? Muriel cóntanos aquí a súa terrible experiencia. ...
    Check on availability

    3,95 €