SANCHEZ GARCIA, GLORIA
Récollese neste libro un conxunto de poemas que unen aintencionalidade lúdica a unha perspectiva didáctica. Son poemasimaxinativos e divertidos, dos que pode gozar calquera neno ou nenasexa cal for a súa idade, pero que están pensados sobre todo para osprimeiros lectores. Así no libro faise un percorrido polo alfabetogalego, dedicándolle un poema a cada unha das letras. Tómase semprecomo punto de partida unha ou varias palabras, sempre moi suxestivas e motivadoras, que conteñan esa letra concreta: aro, billa, caracol,chepa, dente, embigo, fraco, gordo, imperdible, lora, parella, mar,núa, niño, ovo, paraugas, queixeiro, rato, serpe, temón, uña, vaca,xuntos, zángano. E así a autora vai construíndo os poemas, empregandoa un tempo os recursos expresivos da literatura popular de tradiciónoral e os da poesía infantil máis actual. Cada un dos poemasacompáñase dunha moi expresiva ilustración, da autoría de Mª FeQuesada, que nos ofrece sempre unha divertida versión plástica do tema desenvolvido nos versos, ademais de xogar coa forma da letracorrespondente, procurando sempre unha identificación cun determinadoconcepto