LIVÁN, PACO
A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.