Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : NARRATIVA

73 resultados

  • O ANXO NEGRO
    GAGO, MANUEL
    A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos. A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    23,50 €

  • TEMPOS DE BEBIDAS ISOTÓNICAS E FAST-FOOD
    ALONSO, ÁLEX
    Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    19,50 €

  • A ROTURA DAS PAISAXES
    CONSTELA, XESÚS
    Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis ca...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • CARA AO LESTE
    NARA, ANTÍA
    O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fría noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a fina...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,50 €

  • QUE NON TE ATEN
    IGLESIAS TURNES, MANUEL
    Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite. Unha carreira tola na que tamén están os veciños da granxa de O Penedo cos que non se l...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS
    CARIDE, RAMÓN
    Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida. O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e soños. Se non podemos cambiar ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    19,50 €

  • O DOBRÓN DE A OITO
    FORTES, ALBERTO
    O dobrón de a oito narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais. Os feitos arrancan coa chegada do protagonista á taberna de Lusquiños, que se levanta ao pé da praia do ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    19,50 €

  • IZAN O DA SACA
    QUIROGA, XABIER
    O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza a...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    24,95 €

  • A NOITE ENRIBA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre da literatura...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
    RIVAS, MANUEL
    A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desa...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,95 €

  • MORENA, PERIGOSA E ROMÁNICA
    FEIJOO, PEDRO
    Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intenció...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    24,95 €

  • POR QUE AS SOMBRAS NON TEÑEN OLLOS
    GARCÍA MAÑÁ, LUÍS MANUEL
    O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha ca...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • DE REMATE
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... A través das páx...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    19,50 €

  • MUROS DE AIRE
    ALFAYA, AN
    Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais. Fidel ocúpase dos asuntos administrativos; Cora do traballo de campo, e será a ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,95 €

  • INTERFERENCIAS
    SEIXAS, MANUEL
    Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis. El, Xosé, profesor de Historia nun centro de ensino secundari...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • SENTINELA, ALERTA!
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos. Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame. Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo. Unha muller maltratada decide tramitar...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • AGOSTO DE MEMORIA E MORTE
    FERNÁNDEZ LEICEAGA, XOAQUÍN
    Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben relacionado cos notables locais, aparece morto. Un neófito policía deberá asumir a investigación. Corrupción? Conflitos empresariais? Asuntos familiares? En canto apareza outro corpo, as elites locais sentiranse ameazadas. As orixes dos acontecementos haberá que procuralas ben lonxe, na República ou na Guerra Civ...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    23,50 €

  • A GALERA DE XELMÍREZ
    PAZ, XABIER
    Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben é que esa viaxe os vai transformar ra...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    19,95 €

  • A MÚSICA DOS SERES VIVOS
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    22,95 €

  • UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA
    COSTAS, LEDICIA
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • O GARDIÁN INVISIBLE
    REDONDO MEIRA, DOLORES
    Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    25,50 €

  • CABALOS E LOBOS
    PÉREZ LORENZO, FRANCISCO
    Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que e...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • HAI QUE MATALOS A TODOS
    CARRÉ, HÉCTOR
    Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusión. Xaora, uns xornalistas tratan de dar a coñecer a ve...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,95 €

  • FUNAMBULISTAS
    LEOBALDE GARCÍA, MERCEDES
    Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento. Procuramos con teimosía a estabilidade (profesional, económica, emocional etc.) e, aínda que a teñamos, non podemos mantela definitivamente: a estabilidade é un agasallo vulnerable, sen...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    18,50 €

  • SON NOXENTO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.Son noxento é a historia dunha relación presi...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    18,50 €

  • DENDE O CONFLITO
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de confli...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    19,95 €

  • SOMNÁMBULOS
    DE TORO, SUSO
    ?Somnámbulos? reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    17,95 €

  • 55
    QUEIPO, XAVIER
    Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta. Xavier Queipo experimenta desde que comezou a sú...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    23,95 €

  • CONTOS DO MAR DE IRLANDA
    SOUTO, XURXO
    «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de África. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todo...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    22,95 €

  • OS TELEVISORES ESTRÁBICOS
    VILAR LANDEIRA, RAMÓN
    Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico; sabemos que as mantas eléctricas espantan a friaxe dos pés, per...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €


01 02 03