Búsqueda de Editorial : XERAIS

474 resultados

  • PENÚLTIMAS TENDENCIAS
    NEGRO, CARLOS
    Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai se...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • RECINTO GRIS
    COSTAS, LEDICIA
    Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes,...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • EMILIA PARDO BAZÁN
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre...» María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolm...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    12,50 €

  • ROSALÍA DE CASTRO: IMAXE E REALIDADE
    PEREIRA BUENO, FERNANDO
    Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente. A través da lectura das re...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    25,95 €

  • SETE CAVEIRAS
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Ca...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • OS GOTTEN
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, ALFONSO
    Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unha factoría de conserva e salga de peixe. Malia un c...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • LEGADO NOS ÓSOS
    REDONDO MEIRA, DOLORES
    Logo do rotundo éxito de «O gardián invisible», Dolores Redondo ofrécenos agora o segundo volume da súa triloxía ambientada no val do Baztán e protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra. O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrás resolvera os crimes do chama...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    26,95 €

  • O VALEGO
    COSTAS GONZÁLEZ, XOSÉ-HENRIQUE
    «Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos ca...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    21,95 €

  • A TERRA QUEIMA
    CARNOTA, LALO / SOUTO, XURXO
    Chíos de paxaros, vento entre as árbores, murmurios nas fontes, nos montes... Cantiga marabillosa! Só cómpre, como fixo Antón, o protagonista deste conto, deterse un chisco e escoitar a música da natureza. Mais, atención! Esta melodía ás veces tamén pode facerche graves confidencias. Mesmo reclamar a túa axuda para salvar o Mundo! Un libro-disco escrito e narrado por Xurxo Sou...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    19,50 €

  • A CEGUEIRA
    ABALDE COVELO, MARCOS
    A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror. Ninguén pode fuxir desta eucaristía. O Rei Nu atravesa Palestina e vaise afundindo na historia de humillacións dun pobo que está a ser exterminado. Marta e María non deixan de cavar. O Padre decreta o vómito sobre a carne humana excentaria. Xudas e Barrabás odian os s...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    15,50 €

  • ISÓBARAS
    PERNAS CORA, GUSTAVO
    Nunha cidade baixo cero, oito personaxes que transitan pola rúa escapan da súa rutina e aparcan os seus problemas para deixarse engaiolar por unha raiola de sol. Lonxe soa un estrondo de explosións pero eles déixanse quentar, non reaccionan. Cruzan anacos das súas voces interiores pero non dialogan. Móvense polo espazo na procura dos raios fugaces pero non actúan. O mesmo sol q...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    15,50 €

  • MATARTE LENTAMENTE
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu -contin...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • A MEMORIA DA CHOIVA
    FEIJOO BARREIRO, PEDRO
    Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na esce...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    24,50 €

  • O SOLPOR DA CUPLETISTA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre. Recorrendo ao flash back, a autora condúcenos á infancia daquela nena, de extrac...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • A ILLA DE TODAS AS ILLAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    16,95 €

  • VENTO E CHUVIA
    GAGO MARIÑO, MANUEL
    Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en...
    Pendiente de confirmar

    24,00 €

  • CAMESELLE. CRÓNICA FOTOGRÁFICA DE VIGO (1975-2005)
    CAMESELLE DOMÍNGUEZ, GUILLERMO
    Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal " Faro de Vigo " de 1975 a 2005. Máis de oitocentas fotografías que constitúen una crónica social, política, cultural e deportiva da cidade de Vigo nun período tan decisivo como convulso. En palabras de Ceferino de Blas, prologuista do libro, " Cameselle foi fotógrafo ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    33,50 €

  • O RAPOSO E A MESTRA
    RIVAS, MANUEL
    O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    11,50 €

  • FESTINA LENTE
    CALVEIRO, MARCOS
    Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repen...
    Pendiente de confirmar

    8,49 €

  • CADEAS
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila. Dous grupos de mozos provocan unha trifulca durante unhas festas patronais ao inicio da Tra...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    22,50 €

  • ASTÉRIX E OS PICTOS
    GOSCINNY, RENÉ / FERRI, JEAN-YVES
    Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana. ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,95 €

  • HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspec...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    30,50 €

  • PRESENTE CONTINUO
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A tr...
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    14,50 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    14,90 €

  • CADERNO DO NILO
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz. Este periplo poético conduce ao centro da soidade, transida pola beleza, e constitúese nun itinerario transformador, que estimula no poeta a interrogación e procura «busc...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    20,50 €

  • DÍAS QUE NON FORON
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • RETALLOS DAQUELA INFANCIA
    ÁLVAREZ, BAUTISTA
    Disponible (Entrega en 24/48h)

    20,50 €

  • OS MEGATOXOS E OS TEMPLARIOS DA LUZ
    FARIÑA, ANXO
    Disponible (facturación en 24/48h)

    14,50 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    Disponible (facturación en 24/48h)

    13,50 €

  • PONTEVEDRA NOS ANOS DO MEDO
    ÁLVAREZ CASTRO, XOSÉ
    Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combínase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación político-social previa á sublevación, a trama conspiratoria coa ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    23,95 €