Búsqueda de Editorial : GALAXIA

575 resultados

  • Á MARXE, 1999. OBRA XORNALÍSTICA VIII
    CASARES, CARLOS
    Diálogo constante, cita obrigada e cotiá cos lectores, os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario persoal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. Como unha novela aberta, as columnas de "Á marxe" constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión. ...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    19,60 €

  • A NARRATIVA GALEGA NA FIN DE SÉCULO
    VILAVEDRA, DOLORES
    Dende unha perspectiva actual, este libro analiza a historia da narrativa galega nas derradeiras décadas do século XX. Os cambios no oficio de narrador e no paradigma xenérico, a ampliación do repertorio temático e discursivo, as mudanzas na recepción e nos mecanismos de canonización. Todo o que levaría a consolidar na década de 1990 as transformacións que fixeron posible a def...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • ALGUÉN ASÍ É O DEUS EN QUEN EU CREO
    TORRES QUEIRUGA, ANDRÉS
    Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresións vivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión, ao ámbito sempre aberto do Misterio. Empeza pola exposición directa e familiar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunha linguaxe máis de anuncio que de fun...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. ...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • CONTOS COMPLETOS I DE EDGAR ALLAN POE
    POE, EDGAR ALLAN
    A publicación destes dous primeiros volumes dos Contos completos, de Edgar Allan Poe (Boston, 1809-Baltimore, 1849), realízase dentro de Clásicos Universais, colección que ten como obxectivo traducir para o galego as obras fundamentais da tradición literaria mundial. A obra contística de Poe é unha das que fundan a tradición literaria moderna, salientando como precursora en div...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • CONTOS COMPLETOS II DE EDGAR ALLAN POE
    POE, EDGAR ALLAN
    Poe escribiu contos coma "Os crimes da rúa Morgue", precursor do xénero policial, e "A caída da casa Usher", obra mestra da narración de misterio, ademais de contos de imitación humorística, paródicos e filosóficos. Por outra banda, a obra narrativa de Poe está considerada como unha das que marcan o inicio da literatura moderna; a orixinalidade dos seus temas e o xeito no que s...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • CONTOS COMPLETOS III DE EDGAR ALLAN POE
    POE, EDGAR ALLAN
    Nestas páxinas de fasquía singular, o autor de A carta roubada e O enterro prematuro abre novos vieiros á narrativa ao tempo que profunda na imaxinación do ser humano sen desbotar aquelas rexións que abeiran o descoñecido. O escritor norteamericano, un dos fundadores da narrativa moderna, é iniciador de xéneros literarios ao tempo que crítico mordaz das ideas convencionais. A f...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • MANUEL MARÍA. ANTOLOXÍA POÉTICA
    MANUEL MARÍA
    Resultado dun traballo de selección realizado por Amelia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana, que releron os poemas do sutor chairego sen perder de vista os destinatarios finais: todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía de Manuel María e tamén aquelesoutros que queiran revisitar poemarios lidos e poemas lembrados. O libro complétase cun limiar, es...
    CONSULTAR

    5,16 €

  • MARXINADOS
    CARBALLUDE, PEPE
    Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na misera, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por...
    CONSULTAR

    5,16 €

  • OLYMPIA RING, 1934
    LÓPEZ LÓPEZ, XAVIER
    O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en 1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana e nacionalista. O boxeador galego Manuel Ramírez Castro, alcumado o Camión, vai participar na mesma serie de veladas para intentar atopar o seu sitio no mundo das catro cordas. En Olympia ...
    CONSULTAR

    7,31 €

  • OS KOWA
    QUEIPO, XAVIER
    Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no ...
    CONSULTAR

    7,31 €

  • PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
    CASALDERREY FRAGA, XOSEFA
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que ...
    CONSULTAR

    5,08 €

  • TODO CANTO FOMOS
    MONTEAGUDO, XOSÉ
    Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. ...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • UN POZO MOI FONDO
    IGLESIAS DIZ, JOSÉ LUIS
    Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios dentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara e accesible a todo o mundo, o doutor Iglesias Diz, especialista recoñecido neste tipo de cuestións, fainos ver cando nos debemos alarmar diante de determinados comportamentos e como recoñecer os...
    CONSULTAR

    5,16 €

  • A GAIVOTA. O TÍO VANIA
    CHÉKHOV, ANTÓN
    Escrita en 1896, A gaivota é a primeira das obras de Chékhov que son xeralmente consideradas obras mestras do dramaturgo e escritor ruso. Céntrase nos conflitos románticos e artísticos de catro personaxes: a inxenua Nina, a anteriormente gloriosa actriz Irina Arkádina, o dramaturgo experimental Konstantín Trepliov, fillo de Irina, e o famoso escritor Trigorin. Pola súa banda, a...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • A FUGA A EXIPTO
    GRAÑA VILLAR, BERNARDINO
    Cóntase nela os cinco anos que María, Xosé e o seu fillo pasan en Exipto, escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polo pastores rei de Israel. Escrita co ritmo, a organización argumental e a penetración nos personaxes das mellores novelas, A fuga a Exipto aproveita os máis novidosos achados da investigación histórica para transmitir a quen le o acon...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • A ERA DE LÁZARO
    CARBALLEIRA CABANA, PAULA
    Os mortos non deben volver. Se regresasen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era. Velaquí a era de Lázaro, que é a era dos resucitados, onde os mortos camiñan entre os vivos, confunden o tempo, o espazo, trastocan a rutina do coián. Para que todo volva á orde inicial xorde unha entidade, A Empresa, encargada de que ninguén regrese da morte... ...
    CONSULTAR

    3,65 €

  • A MALETA DE VICTORIA KENT
    AGRAFOXO, XERARDO
    Ante o fracaso desta desesperada acción, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os outeiros da serra ou fuxir nun dos vapores que saen do peirao de Vigo cara a Buenos Aires. A inesperada aparición dunhas cartas, que descobren unha historia de amor oculta, condicionará o seu destino. Así é o argumento desta novela que destaca pola precisión da súa trama,...
    CONSULTAR

    7,74 €

  • A IDENTIDADE FASCINADA
    PIÑEIRO FERNÁNDEZ, ANTONIO
    A cidade multiplícase, compartindo a estreita veciñanza dos barrios -orballo, cal, bronce, sol, forxa e perpiaño- coa millarenga e as luces de neón. Un recendo a novo e a comezo, a fotocopia, a noite e a bar de estudante, enche as súas rúas. É a década álxida, chea de frescura e de vivencias, da que xorden eses momentos e sensacións que se han esboroar -mais nunca esquecer- co ...
    CONSULTAR

    6,02 €

  • ÁGUEDA E O MISTERIO DOS CALCETÍNS
    SEÑARÍS LÓPEZ, PAULA
    O debut literario de Paula Señarís, un libro curioso e moi divertido, que non renuncia a explicarnos a maxia que anda solta por aí onde menos se lle espera. Águeda era unha tranquila cativa de cidade coa vida máis que ordenada. Todo está no seu sitio e todo está controlado? ata que por esas cousas das leas dos maiores, que non hai quen os entenda, vai verse obrigada a marchar p...
    CONSULTAR

    4,17 €

  • ALMAS DE ALGODÓN
    LLUCH GIRBÉS, ENRIC
    Todo é novo para el: a escola, os libros, os compañeiros de clase. Os seus pais e os mestres intentarán facilitarlle a integración, pois Carlos é un neno con discapacidade intelectural. Pero quen conseguirá axudalo será un misterioso vello chamado Tobías. Con este curioso personaxe, Carlos e os seus novos amigos aprenderán a facer maxia, a ler cos ollos pechados, mais, sobre to...
    CONSULTAR

    3,87 €

  • AMAR UNHA SEREA
    RIVADULLA CONDE, JOSÉ HENRIQUE
    "Sabedes o que é o amor? Eu seino ben. Non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentír séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo. Chámome Barucho, Álvaro en realidade, pero o meu avó dicíame Barucho e todos me chaman así. Teño oito anos e o primeiro día da escola, cando empezaba o terceiro curso de primaria, foi...
    CONSULTAR

    4,99 €

  • BÁGOA DE LÚA
    GONZÁLEZ, SABELA
    Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa. Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar...
    CONSULTAR

    5,60 €

  • CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO
    REY NÚÑEZ, DIEGO
    Esta obra conta a historia de Máximo Toxo, un escritor de gran talento, aínda que descoñecido, que vive pechado na súa casa na procura da obra perfecta, libro polo que será recordado eternamente e que lle permitirá tamén pagar as súas débedas. É un antipático ao que lle dá alerxia a xente. Un ogro que nunca quere saír da casa. A outra protagonista desta historia é Belinda, unha...
    CONSULTAR

    4,30 €

  • CONTOS PARA IR DURMIR
    MÉNDEZ, ROI
    Hai contos que se contan para ir durmir pero, sobre todo, para ir soñar. Historias que veñen cheas de aventuras, de personaxes inesquencibles, de paisaxes, nunca mellor dito, de ensoño. Neste libro, Roi Méndez sorpréndenos cun mollo de historias que, ao xeito das vellas fábulas, van deixarnos a mente contenta e o corazón preparado para recibir máis e máis contos? ata que nos de...
    CONSULTAR

    4,51 €

  • MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE ILIMITADA
    LABRAÑA, CARLOS
    pero nestes días aínda máis! Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña imos acompañar uns personaxes de circo certamente espectaculares. Sen dúbida, "o maior espectáculo do mundo!!!" ...
    CONSULTAR

    4,25 €

  • OXALÁ ESTIVESES AQUÍ
    PILAT, CHARO
    onde os animais protagonistas medran a medida que van pasando unhas probas que, dalgunha maneira, explican o dura... e o marabillosa que pode ser a vida. ...
    CONSULTAR

    4,25 €

  • CANTO DA SIBILA, O
    BACEIREDO PÉREZ, REBECA
    Facendo uso da lírica pagá e medieval mais guindando boias ás tradicións non occidentais, retómase a palabra non dita, a palabra non articulada, a palabra gutural, retida na gorxa das mulleres. Entre os pasos pisados con solemnidade e forza, rachando a atmosfera postapocalíptica, a sibila anuncia unha lírica que foxe da clausura, abríndose ás fendas do eu. ...
    CONSULTAR

    13,00 €

  • UN DENTE SEN CADÁVER
    FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO
    Nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. ...
    CONSULTAR

    7,31 €

  • MISS OURENSE
    IGLESIAS ARAUXO, BIEITO
    Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o t...
    Disponible (facturación en 24/48h)

    17,40 €